Biography

Author Picture

Bernardo Vázquez Acuña

Bernardo Vázquez Acuña, Oia, Vigo, 1962.

Investigador especializado na memoria democrática e etnografía das parroquias de Coruxo e Oia, na beiramar viguesa, de onde é natural e onde vive.

Na procura por coñecer a súa propia historia familiar, marcada pola represión e a guerra do 36, desenvolveu unha longa investigación que deu lugar primeiramente ao libro Memoria dunha parroquia republicana. San Miguel de Oia, Vigo na década dos trinta. Vigo. 2015, que se complementa con este traballo sobre o movemento asociativo na parroquia de Coruxo.

Tamén é creador do blog: Memoria de Oia-Vigo onde se recollen múltiples traballos sobre a microhistoria e etnografía desta parroquia.