Biography

Author Picture

Lola Varela

(Pontevedra, 1954)

Profesora de lingua e literatura castelá, exerceu como docente 38 anos en diferentes lugares de Galicia, do Estado, e, ao cabo, en Alhucemas (Marrocos). Ao longo destes anos ocupou diversos cargos directivos.

Vinculada ao Feminismo dende a Universidade en Compostela, sendo una das fundadoras de AUPEPM Asociación Universitaria para o Estudo do problema da Muller (1976), non deixou de organizar proxectos de Coeducación, Educación afectivo-sexual e Prevención da violencia de xénero. Colaborou en revistas de pedagoxía, dirixiu grupos de teatro e animou o traballo interdisciplinar.

Na actualidade escribe en prensa, imparte conferencias e forma parte do grupo impulsor do blog educandoenigualdade.wordpress.com. Segue a participar en colectivos feministas de Galicia como SoGaSex ou Comando Igualdade e con Femmes sans Frontiéres ou Forum de Femmes au Rif en Marrocos.