Biography

Author Picture

Baldomero Iglesias, «Mero»

(Vilalba, 1951)
Mestre do rural. Fundou o grupo folk Fuxan os Ventos en 1972 e A Quenlla en 1984
É autor dos libros: Na lonxitude do tempo, 2005; Recendos de luz e sombra, 2006; No papel que mudo escoita, 2011; Doce ducias, 2016; No perfil das verbas, 2018; Luces de festa, 2018; No baleiro dunha soidade (O Camiño Norte), 2019; 50 aniversario Fuxan os Ventos. Quixo o paxaro pousar na póla o seu chío, 2023 e Breviario breve da devoción popular, 2024.
No ano 2007 cedeu as recollas de cantos, bailes, lendas e refráns recompiladas ao longo da súa traxectoria, ao Museo do Pobo Galego.