Biography

Author Picture

Millán Fernández López

Millán Fernández López
(Castroverde, 1984)
Cursou estudos de Dereito e graduouse en Ciencias Políticas e da Administración Pública, obtendo másters en Comunicación e Márketing político, en Formación do Profesorado no Ensino Secundario e en Historia Contemporánea pola USC.
Traballou na equipa de comunicación de Anova-IN e de Xosé Manuel Beiras así como en campañas electorais con candi-datas de AGE en Europa (Lidia Senra) e na primeira En Marea (Miguel Anxo Fernán-Vello), durante o período 2014–2019, exercendo posteriormente como formador de comunicación ou en consultoras de investigación social.
Conta cunha andaina longa como analista político en medios nacionais, estatais e internacionais.
Foi co-autor da obra editada pola Deputación Provincial de Lugo Manuel María: libro colectivo de homenaxe (2016) e en outubro do 2017 integrou a delegación galega de observadores internacionais no referendo de autodeterminación de Catalunya.