Biography

Author Picture

Santi González

Santi González naceu en Chantada no 1997. Estudou máis do que debía e acabou facendo Medicina en Compostela. A capital, coa súa mestura surrealista de bohemios e peregrinos, atrapouno. Como redención pola caligrafía que caracteriza á súa sobrevalorada profesión, trocou a pluma polo teclado e escribiu estas páxinas. Por sorte ou por desgraza, aínda non morreu.