Biography
Xoana Pintos Barral
Doutora pola USC, traballa en Historia da Ciencia. É especialista na análise do papel das mulleres na ciencia e a posta en valor das achegas científicas. Como divulgadora, publica artigos sobre historia da ciencia, bioloxía e xénero, imparte charlas e comisaría mostras. Participa en actos que contribúen a estimular o interese das nenas pola investigación científica e técnica.