Biography
![Author Picture](https://companha.gal/wp-content/uploads/2024/12/froissart-1-150x150.png)
Jean Froissart
Nacido no condado do Hainaut (ca. 1337) de familia burguesa, abandona o comercio pola clerecía e as letras. Entra ao servizo da condesa Filipa de Hainaut — futura raíña
de Inglaterra ao casar con Eduardo III — e acompáñaa á corte de Londres. As súas voluminosas crónicas, que se estenden de 1325 a 1400, mesmo se por veces semellan un relato cabaleiresco, son unha fonte imprescindible para coñecermos a historia da Europa do século XIV.