Dionísio Pereira
Dionísio Pereira (A Coruña, 1953), licenciado en Ciencias Económicas e investigador especializado nos movementos sociais na Galiza contemporánea. Autor de Loita de clases e represión franquista no mar 1864-1939 (2010), José Pasín Romero. Memoria do proletariado militante de Compostela (2012, 2016), Emigrantes, exilados e perseguidos: a comunidade portuguesa na Galiza 1890-1940 (2013), entre outras obras.
Eliseo Fernández
Eliseo Fernández (Ferrol, 1967), documentalista e investigador da historia do anarquismo na Galiza. Autor de José López Bouza: do anarquismo ao republicanismo (2004), Obreirismo ferrolán (2005) e Psiquiatría, corrupción e loita de clases: a folga do manicomio de Conxo en 1933 (2019), ademáis doutras obras en parcería con diversos autores e colaboración en publicacións periódicas.